Modalidades de reutilización

Compartir

O artigo 4 da Lei 37/2007, modificado pola Lei 18/2015, indica as modalidades de reutilización dos datos do sector público, entre as que se atopan:

  1. Reutilización de documentos postos a disposición do público sen suxeición a condicións.
  2. Reutilización de documentos postos a disposición do público con suxeición a condicións establecidas en licenzas-tipo.
  3. Reutilización de documentos previa solicitude, conforme ao procedemento previsto no artigo 10 ou, no seu caso, na normativa autonómica, podendo incorporar nestas supostos condicións establecidas nunha licenza.
  4. Acordos exclusivos conforme ao procedemento previsto no artigo 6. 

Cales son as condicións xerais?

O artigo 8 da Lei 37/2007, tamén modificado pola Lei 18/20015, establece as seguintes condicións xerais para a reutilización de documentos:

  1. Que o contido da información, incluíndo os seus metadatos, non sexa alterado.
  2. Que non se desnaturalice o sentido da información.
  3. Que se cite a fonte.
  4. Que se mencione a data da última actualización.
  5. Cando a información conteña datos de carácter persoal, a finalidade ou finalidades concretas para as que é posible a reutilización futura dos datos.
  6. Cando a información, aínda sendo facilitada de forma disociada, contivese elementos suficientes que puidesen permitir a identificación dos interesados no proceso de reutilización, a prohibición de reverter o procedemento de disociación mediante a adición de novos datos obtidos doutras fontes.

Para máis información de como utilizar os datos consulte os Termos de uso e Licenzas .