>

Formatos

CSV

Tipo de documento de texto plano en formato aberto utilizado para sinxelo para representar datos tabulares en columnas separadas por comas e filas separadas por saltos de liña. As súas extensións son .csv e .txt.

Referencias de CSV

ODF

Formato de Documento Aberto para Aplicacións Ofimáticas de OASIS é un formato de ficheiro estándar para o almacenamento de documentos ofimáticos tales como follas de cálculo, memorandos, gráficas e presentacións. Está baseado nunha linguaxe de esquema XML, inicialmente implementado na suite ofimática OpenOffice.org.

Extensións de ficheiros:

  • texto: .odt
  • folla de cálculo: .ods
  • debuxo: .odg
  • gráfico: .odc
  • fórmula matemática: .odf
  • base de datos: .odb
  • imaxe: .odi
  • documento mestre: .odm

Referencias de ODF

PDF

Documento de formato portable universal que mantén a aparencia do documento independentemente do sistema operativo que se utilice e inclúe combinacións de texto, imaxes vectoriales e mapas de bits. É multiplataforma, é dicir, pode ser presentado polos principais sistemas, sen que se modifiquen nin o aspecto nin a estrutura do documento orixinal.

Referencias de PDF

RDF

O Marco de Descrición de Recursos (RDF) é unha especificación desenvolvida polo l W3C (World Wide Web Consortium) para o modelado de información e a descrición de recursos da web mediante expresións na forma suxeito-predicado-obxecto. A combinación de RDF con outras ferramentas permite engadir significado ás páxinas e é unha das tecnoloxías esenciais para a web semántica.

Referencias de RDF

SHP

Shapefile é un formato propietario de datos espaciais que está considerado como o estándar para o intercambio de información xeográfica entre Sistemas de Información Xeográfica (GIS). É un formato vectorial de almacenamento dixital, desenvolvido por ESRI, onde se garda a localización de elementos xeográficos e os atributos asociados a eles.

Referencias de SHP [PDF][123,79 KB]

SPARQL

É unha linguaxe desenvolvida por W3C que permite a consulta de datos en RDF. É unha ferramenta esencial da Web Semántica.

Referencias de SPARQL

XML

Metalinguaxe extensible de etiquetas desenvolvido polo W3C (World Wide Web Consortium ). Permite definir os datos de forma que é posible estruturalos utilizando para iso etiquetas que non están predefinidas. É o estándar para o intercambio de información estruturada entre diferentes plataformas.

Referencias do formato XML

Excel

Formato propietario de follas de cálculo desenvolvido por Microsoft, que contén filas e columnas de celas e cada unha pode incluír datos, fórmulas, texto, táboas e gráficos.

Referencias de Excel

WMS

O servizo de Mapas web é un servizo definido polo OGC (Open Geospatial Consortium) que produce mapas de datos referenciados espacialmente, de forma dinámica a partir de información xeográfica. É un estándar internacional que define un mapa como unha representación da información xeográfica en forma dun arquivo de imaxe.

Referencias de WVS

JSON

JSON (Notación de Obxectos de Javascript) é un formato lixeiro de intercambio de datos, de fácil comprensión para as persoas e de fácil xeración e interpretación para as máquinas. Está baseado nun subconjunto da Linguaxe de Programación Javascript, caracterizado por ser un formato de texto independente da linguaxe.

Referencias de JSON